15/01/26

Programación de xaneiro - febreiro de 2026

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesións maxistrais

XI Ciclo Colexio de médicos

Sesión extraordinaria [ + ]


Comeza un novo ano de propósitos que agardamos se cumpran naqueles que realmente paguen a pena. Pola nosa parte, alonxamos os tambores de guerra. Abstraémonos da harmonia cósmica boreal cunha selección eclética de comedia, misterio e humanismo, sen descoidar o drama e as ensoñacións musicais do amor.

De contado podedes consultar e descargar as follas de sala , así como vídeo [.mp4 • 21'8 MB] que resume a programación que preparamos.




«Xan-Feb 2026»· (cineclupePF)


Lembramos por último a convocatoria de Asembleas para o sábado 17/01/2026.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido.



Sesións do ciclo dos mércores de xaneiro-febreiro 2026

p> Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre xaneiro e febreiro de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


Luns de filmoteca de xaneiro-febreiro 2026

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en xaneiro e febreiro de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


08/10/25

Programación outubro - decembro de 2025

Cine de outono en Ribadavia

Luns de Filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

Sesións Maxistrais

X Ciclo Colexio de médicos

XIV Marxes fílmicas en Ribadavia

Sesións extraordinarias [+]


A estas alturas do ano, non estaría de máis darlle un repaso a como vai o cumprimento daqueles propósitos que un/ha se marcou hai uns meses e ver que cousas se lograron. Se unha delas foi ver bos filmes...non debería existir escusa coa proposta que vos presentamos, que como veredes é intensa e variada.

Pregamos unha atención aos ciclos en Ribadavia, ás últimas citas co ciclo do Colexio de médicos, ás sesións maxistrais que se programan en días distintos aos habituais e ás sesións extraordinarias (cun novedoso ciclo, en progreso, co Museo arqueolóxico a primeiros de decembro).




«out-dec 2025»· (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 16'9 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].